Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Os Pedrouzos número 3014, nos concellos de Vilaboa e Moaña da provincia de Pontevedra, por parte de Granitos San José, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Granitos San José, S.L., con enderezo social no Mosteiro 12, Donas-Gondomar, presentou nesta delegación provincial o día 24 de abril de 2003, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Os Pedrouzos, sobre unha superficie de vinte cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Vilaboa e Moaña da provincia de Pontevedra e ó que lle correspondeu o nº 3014.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

18º41'40''42º19'40''

28º40'40''42º19'40''

38º40'40''42º19'20''

48º40'00''42º19'20''

58º40'00''42º18'40''

68º39'40''42º18'40''

78º39'40''42º18'00''

88º40'40''42º18'00''

98º40'40''42º18'20''

108º41'00''42º18'20''

118º41'00''42º18'40''

128º41'40''42º18'40''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposoción.

Pontevedra, 13 de agosto de 2003.

P.A. (Resolución do conselleiro 22-7-2002)

Mª Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra