Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO do cadro de características do contrato: transformación en peonil dun tramo da rúa Santos Mieites (tramo entre a rúa Robustiano Pérez del Río e a rúa Severo Ochoa).

1. Denominación: obras de transformación en peonil dun tramo da rúa Santos Mieites (tramo entre a rúa Robustiano Pérez del Río e rúa Severo Ochoa).

2. Tipo de licitación: 265.960,00 euros, IVE incluído.

3. Procedemento de adxudicación: urxente, modalidade concurso aberto.

4. Garantía provisional: 2% tipo de licitación.

5. Garantía definitiva: 4% prezo de adxudicación.

6. Prazo de execución: 13 meses.

7. Criterios de clasificación do contratista: subgrupo 6, grupo G, categoría c.

8. Prazo de garantía da obra: 1 ano.

9. Financiación da obra: 265.960,00 euros. Partida orzamentaria 511.601.14 (incorporación de remanentes de crédito expediente nº 1/2003), de acordo coa seguinte desagregación:

AnualidadeSubvención Consellería de Innovación, Industria e Comercio: 212.000,00 A.

Aplicación orzamentaria 08.04.521-A,761.1

Achega Concello de Boiro: 53.960,00 A.

Aplicación orzamentaria 511.601.14

2003106.000,00 euros26.500,00 euros

2004106.000,00 euros27.460,00 euros

Totais212.000,00 euros53.960,00 euros

10. Criterios de adxudicación.

a) Oferta económica: 0 a 7 puntos.

b) Melloras no proxecto: 0 a 20 puntos.

c) Programa de traballos: 0 a 10 puntos.

d) Programa de control: 0 a 5 puntos.

e) Referencias técnicas e experiencia en traballos semellantes: 0 a 3 puntos.

f) Equipo técnico de obra: 0 a 3 puntos.

g) Relación de medios e equipos: 0 a 2 puntos.

11. Lugar de presentación de ofertas: Rexistro Xeral da Corporación, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

12. Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG.

13. Horario de presentación de ofertas: das 9.00 ás 13.00 horas de luns a sábado, inclusive.

14. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de plicas.

15. Taxas do contrato: non se establecen.

16. Outros datos: teléfono: 981 84 48 00. Fax: 981 84 40 08. Enderezo: Casa do concello de Boiro. Praza de Galicia, s/n, 15930.

Boiro, 10 de setembro de 2003.

Xosé Deira Triñanes

Alcalde presidente