Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA FONSAGRADA

ANUNCIO da aprobación inicial de estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións nas rúas Rois de la Peña e Burón, formulado por Gromaz y Gromaz, S.L.

A Comisión de Goberno Municipal, na súa sesión do 2 de xullo de 2003, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado pola empresa Gromaz y Gromaz, S.L. para o sinalamento de aliñacións nas rúas Rois de la Peña e Burón, segundo a documentación subscrita polos arquitectos José Doncel Cerviño e Roberto López Piñeiro, e visado con data do 25 de novembro de 2002, dispoñéndose o su sometemento a información pública.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na secretaría municipal de formula-las alegacións e xustificacións que coide procedentes.

A Fonsagrada, 14 de xullo de 2003.

Ricardo Parada Mariñas

Alcalde