Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da asistencia técnica de ofimática a usuarios de equipos informáticos deste complexo hospitalario (C.P. 21/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas conforme o establecido no artigo sexto da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense; rúa Ramón Puga, número 52, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 21/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: asistencia técnica de ofimática a usuarios de equipos informáticos do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Data de publicación: Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 130.000,00 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 4 de agosto de 2003.

b) Adxudicatario: López Rodríguez Auditores Consultores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 126.000,00 euros (IVE incluído).

e) Período de execución do contrato: dous anos.

Ourense, 13 de agosto de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense