Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.886

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (559/2003).

María José Cordero Escalonilla, secretaria do Xulgado do Social número dous dos de Oviedo e da súa provincia, fai saber que por resolución dictada no día da data, no proceso seguido nestes autos número demanda 559/2003, por instancia de Blas García González contra Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre despedimento, se acordou citar a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día vintecinco de setembro, ás once horas da mañá, para a realización dos actos de conciliación e, de se-lo caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número dous, sito na rúa Santa Teresa 15, ó que deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que lle sirva de citación a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

En Oviedo o dezanove de agosto de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA