Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de seis prazas de analistas (grupo I) convocadas por Resolución do 24 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 11 de agosto).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas selectivas para a provisión de seis prazas de analistas (grupo I), convocadas por Resolución do 24 de xuño de 2003 (DOG do 11 de agosto), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emendar defectos.

A Coruña, 8 de setembro de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña