Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de asistencia técnica.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: asistencia técnica en labores de asesoramento en materia fiscal, laboral e contable ás empresas acabadas de crear, no marco do proxecto Lugo-Emprende.

3. Orzamento: noventa mil euros (90.000,00 A).

4. Prazo de execución: desde a data de adxudicación, ata o 31 de decembro de 2004.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Unidade Xeral de Xestión.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte á publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10.00 a 14.00 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 208, do 10 septiembre de 2003.

Lugo, 10 de setembro de 2003.

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

Antonio Muiña Pena

Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo