Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO polo que se modifica o contido do anuncio para o nomeamento de xerente do organismo autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo aprobou, con data do 4 de setembro de 2003, a rectificación do anuncio publicado neste boletín o pasado 14 de agosto, no sentido de que o prazo de quince días hábiles para presentar solicitudes, non comece coa publicación do último anuncio do BOP, do Diario Oficial de Galicia e do Boletín Oficial del Estado, senón que comece o día seguinte á última publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia contendo esta rectificación.

Vigo, 5 de setembro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Vicepresidente