Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a creación da ordenanza especial OE-4 (Colexio Manuel Peleteiro).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión do 30 de xuño de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a creación da ordenanza especial OE-4 (Colexio Manuel Peleteiro), redactada polos servicios técnicos municipais.

O acto da aprobación definitiva da citada modificación puntual do plan xeral foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 24 de xullo de 2003, en cum

primento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP número 179 o día 6 de agosto de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do plan xeral poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde