Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

Por acordo da Comisión de Goberno desta deputación provincial, do 8 de maio de 2003, aprobouse o proxecto de variante da Cañiza (estrada de enlace da E.P. de Arbo coa E.P. de crecente), polo que se somete Ó trámite de información pública durante o período de 30 días hábiles a partir da publicación deste edicto, para os efectos de posibles reclamacións.

Así mesmo, en virtude do disposto na Lei 6/2001, do 8 de marzo, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental, e a Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, sométese Ó trámite de información pública, polo mesmo prazo, o estudio de impacto ambiental da devandita obra.

O proxecto do trazado e o estudio de impacto ambiental poderanse examinar no Servicio de Vías e Obras desta deputación provincial.

Pontevedra, 19 de agosto de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado