Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lousame.

O Concello de Lousame anuncia a exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), durante o prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 85.6º da Lei 9/2002.

O que se fai público para que tódolos interesados -entidades e particulares- poidan examina-la documentación na oficina de Urbanismo do concello durante trinta (30) días hábiles seguintes ó de publicación no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, e presenta-las alegacións que teñan por conveniente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Lousame, 14 de agosto de 2003.

José Santiago Freire Abeijón

Alcalde