Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

O Pleno Corporativo deste Concello, na sesión extraordinaria realizada o día 11 de agosto de 2003, aprobou a rectificación de erros materiais das normas subsidiarias de planeamento municipal no sentido que segue:

1. Corrixi-la contradicción existente entre os planos A1/13 e A3/24 e A3/25, resolvendo no sentido de entender como correctos os planos A3/24 e A3/25 debido a que a zona recreativa costeira debe estar necesariamente e por lóxica na ribeira do mar.

2. Corrixi-lo artigo 110 da ordenanza reguladora 20 e o artigo 111 da ordenanza reguladora 21, resolvendo no sentido de que se permite o uso hoteleiro

na planta baixa isto supón necesariamente e por lóxica o uso nas demais plantas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cee, 10 de setembro 2003.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente