Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEGREIRA

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno de data do 20 de agosto de 2003 prestouse aprobación inicial o Plan especial de reforma interior da UE-5BIS do Concello de Negreira, promovido por José Tuñas García.

Polo presente anuncio sométese a información pública polo prazo de 20 días hábiles para efectos de exame e reclamacións.

Negreira, 20 de agosto de 2003.

José Blanco Pazos

Alcalde