Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de agosto de 2003, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00179-I-2003 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes san

cionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante a Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Instructor xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00179-I-2003

Obstrucción.

3544790902A2053

Val do Sar, S.L.

Lado Baixo-Polígono da Picaraña, s/n

15900 Padrón (A Coruña)

Con data de rexistro de saída 5-3-2003 requeriuse a empresa Val do Sar, S.L. para que no prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral a seguinte documentación: 1. Copia das facturas emitidas polos portes realizados durante o mes de setembro de 2002 co vehículo matrícula C-5602-CC, 2. Copia de ITV do citado vehículo e 3. Discos-diagrama correspondentes ó mes e vehículo citados, así como relación de conductores. A recepción do requirimento tivo lugar, segundo consta no correspondente aviso de recepción, o 12-3-2003. Transcorrido o prazo sinalado, non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

25-6-2003; 13.31.12;

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros

DX-00224-I-2003

O.T.

3325183846L145100493

Mensajeros de Vigo Urgentes, S.L.

Isaac Peral, 10-12, L

36201 Vigo (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 12-6-2003 requeriuse a empresa Mensajeros de Vigo Urgentes, S.L.: copia de facturas emitidas e recibidas polos portes nos que interveu a dita empresa durante o mes de setembro de 2002, copia dos libros de rexistro de IVE das facturas emitidas e recibidas no 3º trimestre do ano 2002 e copia da ITV dos vehículos matrículas M-9863-US e PO-9374-BS.

Analizadas as facturas emitidas e recibidas durante o dito período, constátase a realización de actividade de axencia de transporte de mercadorías, xa que Mensajeros de Vigo Urgente, S.L. actúa como organización auxiliar interposta entre os usuarios cos que contrata e os transportistas que realizan parte dos portes contratados.

O titular da dita actividade de mediación no transporte terrestre non dispón de autorización ningunha que o habilite para realizar actividade de operador de transporte, para a que carece da preceptiva autorización administrativa.

28-7-2003; 10.01.09

Artigo 119 Lei 16/1987,

art. 161 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros