Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.830

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (413/2003).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber

que nos autos 413/2003, seguidos por instancia de Ricardo García Herva contra BIT 7, S.L., sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia con data do 7 de agosto de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa BIT 7, S.L. a que readmita inmediatamente a Ricardo García Herva nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 3.251,65 euros.

A devandita opción deberase exercer no prazo de 5 días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede á readmisión.

Calquera que fose a elección condeno, así mesmo, á parte demandante a que lle satisfaga á demandante os salarios que no percibise desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salarios que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57 do ET e que ata esta data ascenden á cantidade de 4.401,76 euros a razón de 36,08 euros diarios.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por simple manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma contía e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a BIT 7, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Vista Alegre, 2, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 7 de agosto de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado