Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.829

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (28/2001).

Concepción Albes Blanco, secretaria da Sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede Vigo.

Certifico: que no rolo de apelación civil número 28/2001, dimanante dos autos de maior contía seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo baixo o número 625/1994, recaeu sentencia cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

«A Sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Victoria Eugenia Fariña Conde, José Ferrer González e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte:

Sentencia número 252/2003.

En Vigo (Pontevedra), a vinteún de abril de dous mil tres.

Visto en grao de apelación ante esta Sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, os autos de maior contía número 625/1994, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo , ós que correspondeu o rolo 28/2001, nos que aparece como parte apelante-demandante, Carmen Pastor Álvarez representada pola procuradora Mª Mercedes Pérez Crespo e asistida polo letrado Sr. Díaz Fuentes, e como apelados-demandados: Manuel Álvarez Martínez, Maximino Gandarela Álvarez, María de las Mercedes Molina Magdalena, Hortensia Álvarez Muleiro, Maximino Gandarela

Álvarez, Gustavo Martínez Alonso, Carlos Gandarela Álvarez, Manuel Álvarez Martínez, Ricardo Hermida Álvarez, representados polo procurador Sr. Lamoso Rey e asistido pola letrada Sra. Tielas Amil, e Olga Montenegro Terrón, José Gallego González, Santos José Pazos Rodríguez, María de los Ángeles Rodríguez Barciela, José Parapar Fernández, Andrea García Taboas, Rudesinda Blanco Crespo, Marcial Pérez Vázquez, Olga Fernández Regos, Marina Martínez García, Ángel Chapela Ballesteros, Consuelo González Rivas, Nieves González Fernández, José Aguiar Boullosa, Inés Díaz Rodríguez, Manuel José Vázquez Mahía, María Luisa Lago Lorenzo, Antonio Gómez Rodríguez, María del Carmen Gómez Carneiro, Mercedes Álvarez Álvarez, Floreano Colin Rodríguez, Elmerinda Álvarez Martínez, Arturo López Gómez, Leopoldo Lamas Seoane, Adoración Sánchez Mosquera, Manuel Prieto Prieto, Pilar Estévez Alonso, a comunidade de propietarios do edificio número 20 da rúa Vía do Norte desta cidade de Vigo, -Manuela Sáez

González, Concepción Sáez González e María Isabel Sáez González, José García Rodríguez, Adoración Rodríguez Rodríguez e Antonio Rodríguez Rodríguez representados pola procuradora Sra. Carrazoni Fuertes e asistidos polo letrado Sr. Rial Lavia, e Casimiro Durán Gómez, Elizabeth Tenreiro Mulder, María Teresa María Núñez Fernández, Celia Durán Gómez, María Celia Troncoso Durán, José Ricardo Troncoso Durán, Estanislao Troncoso Durán, María Dolores Troncoso Durán, María Araceli Troncoso Durán, Luz María Muñoz Rivas, Luz María Durán Muñoz, Pablo Durán Muñoz, Darío Durán Muñoz, Francisco Borja Durán Muñoz, Óscar Durán Muñoz, María Luisa Durán Fuentes, María Beatriz Durán Fuentes, representados pola procuradora Sra. Zubeldía Bleín, asistida polo letrado Sr. Corbal Durán e La Caja de Ahorros Municipal de Vigo, hoxe (Caixa Nova), Emilio Durán Gómez, Amelia Casal Rodríguez, Agripina Álvarez Martínez, herdeiros de Manuel Hermida Álvarez, Alberto Durán Núñez, Ricardo Durán Nuñez, María Teresa

Durán Núñez, Manuel Gallardo Lorden, Amelia Hermida Gandarela, Inocencio Castro Pérez, Sara Álvarez Martínez, herdeiros de Carlos Carreiro Carreiro, Eulalia Boullosa Suárez, Basilio Rodríguez Gabián, Dolores Martínez Castro, Apolinar Álvarez Martínez, María Estévez Hermida, José Hermida Álvarez, Olimpia Raña Cerderia, Enma Castro Estévez, Guadalupe Custodio Estévez, Antonio Fernández Montero, Talita Pérez Álvarez, Carlos Álvarez Fernández, Carmen Requejo Gómez, Antonio Vázquez Gómez, Gloria Caride Esmoris, Otilia Otero Gómez, José Antonio Fernández Otero, Olga Fernández Cota, Zita Fernández Cota, Elba Abraldes Fernández, Telmo Fernández Vidal, Claudio Penin Dafonte, Ricardo Gómez Rodríguez, Adoración Sánchez Mosquera, Manuel Prieto Prieto, Carmen Maneiro Bofil, Montserrat Maneiro Bofil, Raimundo Castro González, María Vitoria González González, Purificación Pernas Hortas, José Antonio Llorca Fernández del Viso, María Ángeles Maneiro Bofil, Pablo Vila Feijoo, Josefa Camino Crespo, os

herdeiros dos falecidos

Manuel Roquerio Vázquez e Agustín Ramón Roqueiro Álvarez, e tódalas persoas descoñecidas e incertas que pretendan sustentar algún dereito sobre os predios rexistrais de Vigo numeros 3.912, 27.288, 27.603, 30.513, 27.318, 26.408, 26.409, as dos números correlativos 27.559 ata o 27.578, ámbolos dous inclusive, e o número 31.032, todos eles declarados en rebeldía, sobre nulidade de documentos e outros puntos, é sendo maxistrada relatora Inmaculada de Martín Velázquez quen expresa o parecer da sala.

Decidimos, que estimando parcialmente o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Pérez Crespo en nome de Carmen Pastor Álvarez contra a sentencia do 26 de setembro, Vigo, no xuízo de maior contía número 625/1994 (R.A. 28701) modificamos parcialmente a dita resolución e condenamos a Emilio Durán Gómez, Casimiro Domínguez Gómez, Elisabeth Tenreiro Mulder, Teresa Núñez Fernández, Alberto, Ricardo e María Teresa Durán Núñez, Celia Durán Gómez, Celia, José Ricardo, Araceli, Dolores e Estanislao Troncoso Durán, Luz María Múñoz Rivas, Luz María, Darío, Pablo, Óscar, Borja e Natalia Durán Muñoz, María Luisa Durán Fuentes, Beatriz Durán Fuentes, a indemnizar conxunta e solidariamente á sociedade de gananciais, disolta pero pendente de liquidación, do matrimonio composto por María del Carmen Pastor Álvarez e Emilio Durán Gómez, na cantidade equivalente á sexta parte do valor de mercado actualizado dos predios alleados e gravada nos escritos relatados na demanda.

A dita cantidade fixarase pericialmente en fase de execución de sentencia, devengando desde o dito momento os xuros procesuais correspondentes ata o seu completo pagamento. Non procede facer pronunciamento especial en canto ás custas.

Notifíquese esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia por quen se xustificará a recepción.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para a súa inserción no DOG e que sirva de notificación a tódolos apelados demandados rebeldes e todas aquelas persoas descoñecidas ou incertas que puideran ter interese neste procedemento expido e asino este edicto en Vigo, once de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado