Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de pesca relacionados no anexo e de referencias OU-005/03-P, OU-055/03-P e OU-056/03-P devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei de pesca 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5-8-1992).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuar ningunhas alegacións no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exer

cicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-los presentes expedientes no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ós interesados producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-los expedientes é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería.

De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lles será facilitado nas oficinas desta delegación ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 22 de xullo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado Provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU-005/03-P.

Denunciado: Francisco Javier Caride Freijedo.

DNI: 76705044-K.

Derradeiro enderezo coñecido: A Agrela, 9. 32130 San Cristovo de Cea. Ourense.

Feito denunciado: pescar sen licencia. Negarse a entregar a cana.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º e artigo 34.20º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 450,76 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

-Expediente: OU-055/03-P.

Denunciado: Ismet Feratovic.

DNI: 13289386.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa do Ribeiro, 28- 1º. 32400 Ribadavia.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 300,51 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

-Expediente: OU-056/03-P.

Denunciado: Senjur Feratovic.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa do Ribeiro, 28- 1º. 32400 Ribadavia.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 300,51 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.