Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do servicio de mantemento de xardíns en centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña.

Esta delegación provincial, de conformidade co establecido na Orde do 7 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que de seguido se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais na Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato do servicio de mantemento de xardíns.

b) Lugar de execución:

Lote 1: servicio de mantemento de xardinería e plantas de interior, centro social de Fene (lugar do Castro, Perlío, Fene).

Lote 2: servicio de mantemento de xardinería, residencia de maiores de Ferrol (polígono de Caranza, rúa Pardo Bazán s/n, Ferrol).

Lote 3: servicio de mantemento de xardinería e plantas de interior, residencia asistida de maiores de Oleiros (lugar de Pousada s/n, Oleiros).

Lote 4: servicio de mantemento de xardinería e plantas de interior, residencia de maiores de Santiago de Compostela (rodas nº 2, Santiago de Compostela).

c) Prazo de execución: un (1) ano, a partir da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon mínimo de explotación.

Importe total: corenta e seis mil douscentos oito euros (46.208,00 euros).

Lote nº: 1.

Centro: centro social de Fene.

Cantidade: catro mil cento oitenta e tres euros con catro céntimos (4.183,04 euros).

Lote nº: 2.

Centro: residencia de maiores de Ferrol.

Cantidade: doce mil cincocentos corenta e nove euros con trece céntimos (12.549,13 euros).

Lote nº: 3.

Centro: residencia de maiores de Oleiros.

Cantidade: vintecinco mil cincocentos setenta e oito euros con vintetrés céntimos (25.578,23 euros).

Lote nº: 4.

Centro: residencia de maiores de Santiago de Compostela.

Cantidade: tres mil oitocentos noventa e sete euros con sesenta céntimos (3.897,60 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe a súa constitución.

b) Definitiva: 4% do importe adxudicado.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 2º.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 03/06.

e) Telefax: 981 18 58 01/12.

f) Internet: www.xunta.es/contratacion.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9.00 ás 14.00 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais, así como na secretaría xeral da consellería en Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: será de quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Forma de presentación: a documentación que integrará as ofertas deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-4, 2º, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax (enderezo indicado no punto 6).

8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Enderezo: rúa Gregorio Hernández 2-4, 2º (Servicio de Xestión Económica).

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sétimo (7) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se coincidira en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio: 4,78 euros por liña de 18 cíceros. Esta cantidade distribuirase en proporción á contía do adxudicado a cada un dos adxudicatarios dos servicios publicados no DOG.

A Coruña, 2 de setembro de 2003.

Elisa Madarro Gonzalez

Delegada provincial da Coruña