Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (convenios 8/03CONV e 10/03CONV).

Nesta unidade estanse tramitando os seguintes expedientes:

1. Expediente 8/03CONV, coa finalidade de subscribir un convenio entre este concello e José Rozamontes Pan, que di actuar en nome e representación de Rozamontes y Otros, C.B., e Manuel Montes Villaverde, que manifesta facelo en nome e representación de Pamonde Coruña, S.L. e da súa nai, Carmen Villaverde Varela, por mandato verbal que di terlle conferido para ese acto, para reordenación do ámbito comprendido nas rúas Costa de María Pita, travesía da Groufa, travesía de Arteixo e avenida de Finisterre.

2. Expediente 10/03CONV, coa finalidade de subscribir un convenio entre este concello e Ricardo Cedeira Hermida, para obtención de terreo para completa-la urbanización do paseo do encoro de Meicende, Arteixo.

O que se fai público a fin de que quen se considere afectado poida examinalo e formular, se for o caso, as alegacións ou observacións que teña por convenientes, durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte á inserción do anuncio no DOG.

Os expedientes poden consultarse durante as horas de oficina, de 9.00 a 14.00 horas, no Servicio de Urbanismo con sede no primeiro andar da Casa Consistorial (praza Alcalde Ramón Dopico, s/n), onde se atopa de manifesto.

Arteixo, 6 de agosto de 2003.

P.D. (Decreto 1009/2003)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde