Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (27/2003.PED).

A Comisión de Goberno, en sesión do 20-5-2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudio de detalle da UA 14.1, sita en Candame, tramitado por instancia de Promociones Urbanísticas Arteixo, S.L., representada por Ramón Rivera Guitián, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións, que se inserirán no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes (expediente nº 27/2003.PED).

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou, intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se prevén no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administacións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 6 de xuño de 2003.

Manuel Pose Miñones

Alcalde en funcións