Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003 pola que se notifica a resolución do contrato do servicio de cafetería-comedor da Facultade de Filoloxía.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do contrato de concesión da cafetería-comedor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 10-7-2002)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerrector de Economía e Financiamento

ANEXO

Concesionario: Arturo Manuel Blanco Lea.

DNI: 35419722-K.

Último enderezo coñecido: Rúa do Ceo 22, As Cancelas, Santiago de Compostela.

Feito que se comunica: resolución do contrato do servicio de cafetería-comedor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: cláusula cuarta do contrato, sancionado polo artigo 111 letra g) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.