Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións, polo procedemento aberto, para a subministración de robot de cintas para copias de seguridade e mantemento de histórico accesible e equipamento de endoscopia dixestiva (Plan de necesidades 2003) e concurso de subministracións sucesivas con arrendamento, polo procedemento aberto, de determinacións de hemoglobinas. Ref. C. 205, 212 e 209/2003 respectivamente.

O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Nº referencia expediente: C. 205/2003.

Obxecto: adquisición dun robot de cintas para copia de seguridade e mantemento de histórico accesible.

Orzamento total: 90.000 A.

Garantía provisional: 1.800 A.

Nº referencia expediente: C. 212/2003.

Obxecto: equipamento de endoscopia dixestiva con destino a Unidade de Endoscopias do Servicio de Aparato Dixestivo do Hospital Juan Canalejo: torre de videoecoendoscopia dixestiva (lote 1) e torre de videoendoscopia dixestiva (lote 2).

Orzamento total: 240.500 A.

Garantía provisional: 4.810 A.

Nº referencia expediente: C. 209/2003.

Obxecto: determinacións de hemoglobinas. Hemoglobina A1C (lote 1) e hemoglobinas A2 e F (lote 2).

Orzamento total: 245.100 A.

Garantía provisional: 4.902 A (4.092 lote 1 e 810 A lote 2).

1. Forma de adxudicación: concursos, polo procedemento aberto, de subministracións (C. 205 e 212/2003) e subministración sucesiva con arrendamento (C. 212/2003).

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: non se admite variantes no concurso C. 212/2003 e admítese unha variante nos concursos C. 205 e 209/2003.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interess para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario (planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario (planta soto do Hotel de Doentes), a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

A Coruña, 4 de setembro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña