Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios del Polígono Industrial de Tremoedo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios del Polígono Industrial de Tremoedo, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: defende-los asociados nos seus intereses xerais e específicos.

Asinan a acta de constitución: Antonio Gil Mouriño e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 14 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra