Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de ordenadores persoais para as oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego de Galicia. (Expediente 65/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores persoais para as oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego de Galicia.

b) Número de unidades para entregar: 134.

c) Lugar de entrega: nas dependencias das oficinas de emprego que determinará a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

d) Prazo de entrega: 20 días hábiles.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento corenta e tres mil trescentos oitenta euros (143.380 A IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información. Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50/ 981 54 01 03. Fax: 981 54 56 91. www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións.

a) Prazo de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do sétimo día natural, a contar desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 4,78 A por liña.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais