Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que fai pública a modificación de estatutos da entidade Arte Vigo, Sociedad Cooperativa Gallega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que a entidade Arte Vigo, Sociedad Cooperativa Gallega, na asemblea xeral universal que tivo lugar en data 30-1-2003, acordou a seguinte modificación dos seus estatutos sociais:

Artigo 4º.-Actividade económica.

Amplíase o obxecto social no seguinte: «Actividades de compravenda e aluguer de vehículos novos e usados e maquinaria industrial. A intermediación comercial e formación; a organización de espectáculos, restauración e café-bar».

Artigo 40º.-Capital social mínimo.

O capital social mínimo co que pode funciona-la cooperativa e que deberá estar totalmente desembolsado fíxase en 6.012 euros, representado por seis participacións de 1.002 euros de valor nominal cada unha, sinaladas cos números do un ó seis, ambos inclusive.

Vigo, 31 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra