Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a notificación de dous acordos de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo OU-3/2003 e 4/2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infracción en materia de xogo; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructora do expediente a xefa do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rosa María Novoa Vega, e secretario o xefe da Sección de Xustiza, Administración Local e Xogo, Felipe Leal Álvarez, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, sita en avda. Habana, 79-2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá

ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para resolve-lo expediente sancionador o director xeral de Interior e Protección Civil, en virtude do disposto no artigo 32.1º a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000,00 euros.

Ourense, 4 de agosto de 2003.

P.D.

José César Losada Álvarez

Secretario provincial de Ourense

ANEXO

Nome: Recreativos Enxebres, S.L.

DNI/NIF: B-32210445.

Nº de expediente: OU-3/2003.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Último domicilio: A Valenzá 109, baixo, 32890 Barbadás.

Posible sanción: ata 18.000,00 euros.

Nome: Antonio González Domínguez.

DNI/NIF: 34924415-L.

Nº de expediente: OU-4/2003.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Último domicilio: rúa Erbedelo, 11, 32002 Ourense.

Posible sanción: ata 18.000,00 euros.