Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.711

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Geseco, S.A. (persoal ó servicio de limpeza viaria e recollida de RSU do Concello de Gondomar).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Geseco, S.A., (persoal ó servicio de limpeza viaria

e recollida de RSU do Concello de Gondomar), con nº de código 3603761, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-7-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, con data do 1-7-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para o persoal do servicio de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Gondomar

Ano 2003

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo aplicaráselles a tódolos/as traballadores/as do servicio de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Gondomar, que a empresa S.A. de Gestión de Servicios y Conservación, Geseco, S.A., actual contratista, ou a empresa que a poida substituír ten concertado co Concello de Gondomar.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

1. A duración do convenio será dun ano e estenderase desde o 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2003.

2. Sen embargo, seguirase aplicando ata o asinamento do novo convenio que o substitúa.

3. Este convenio entrará en vigor o día do seu asinamento. As condicións económicas terán a súa vixencia a partir do 1 de xaneiro de 2003.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio deberase facer por escrito e con dous meses de antelación á data do vencemento fixado ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Calquera mellora que viñesen gozando os traballadores/as superior ó aquí pactado, garantirase estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe.

Os aumentos de retribucións que se puidesen producir no futuro por disposicións legais só poderán afecta-lo pactado se, considerados en cómputo anual

global, superasen as aquí pactadas. No caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas.

Artigo 6º.-Cláusula de remisión.

Será de inmediata aplicación o convenio colectivo xeral do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos e limpeza e conservación de sumidoiros ou, se é o caso, o que o substitúa, en todo o aquí non pactado, ou que, estándoo, sexa máis beneficioso para o traballador, realizando unha comparación global e non conceptual.

Artigo 7º.-Comisión mixta paritaria.

Como órgano de interpretación, vixilancia e solución de conflictos sobre o pactado neste convenio colectivo, créase unha comisión mixta paritaria integrada polo representante legal da empresa e o representante legal dos traballadores.

Ámbalas dúas partes poderán contar con asesores.

1. Reuniranse por instancia da parte, cantas veces sexa necesario, debendo realiza-la reunión dentro das 48 horas seguintes á convocatoria.

1. As súa funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor deste convenio que poidan afecta-lo seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficaz práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflictos.

Artigo 8º.-Interpretación e aplicación do convenio.

Ámbalas partes conveñen en que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir sobre a interpretación ou aplicación deste convenio será sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria deberá emiti-lo seu informe nun prazo máximo de 72 horas, a partir do día seguinte a aquel no que fose solicitado.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 9º.-Condicións económicas.

As condicións económicas serán as que para cada categoría se establecen na táboa salarial anexa, de acordo cos seguintes artigos.

Artigo 10º.-Pagamento de salarios.

O pagamento da nómina mensual efectuarase o día 8 do mes seguinte.

Cando coincida en festivo, farase o día anterior.

O traballador/a, logo de notificación á empresa cun mes de antelación, poderá elixir calquera entidade bancaria para o ingreso da súa nómina, ache

gando, xunto coa solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

Artigo 11º.-Salario base.

O salario base do persoal afecto a este convenio será o que para categoría se establece na táboa salarial anexa.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en trienios do 5%, calculados sobre o salario base de cada traballador. O trienio comezarase a aboar no mes seguinte a aquel no que se cumpra.

Artigo 13º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente tóxicos ou penosos aboaráselles un complemento de posto de traballo cun importe do 20% do salario base de cada categoría.

O dito complemento só se recibirá por día efectivamente traballado en condicións tóxicas ou penosas.

De se da-lo caso de que un traballador realizase labores que resulten perigosos, aboaráselle un complemento do 30% do salario base da súa categoría profesional. O dito complemento de perigosidade percibirase polo tempo efectivo que en cada xornada o traballador estea sometido ás ditas condicións.

Artigo 14º.-Complemento de transporte.

Os/as traballadores/as afectados/as por este convenio percibirán en concepto de complemento de transporte no ano 2003 a cantidade de 75,20 euros mensuais, e a súa percepción efectuarase en 12 pagas.

O complemento de transporte aboarase a pro rata do tempo traballado. O dito complemento non se recibirá cando o perceptor se atope en calquera situación de incapacidade temporal ou baixa maternal.

Este complemento non terá a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computará para o cálculo de antigüidade, gratificacións extraordinarias, pagas extras, etc. e quedará exento de cotización á Seguridade Social.

Artigo 15º.-Complemento de nocturnidade.

Os/as traballadores/as que realicen a súa xornada entre as 22.00 e as 6.00 horas percibirán un complemento de nocturnidade, consistente no 25% do salario base.

O dito complemento non se lles aplicará a aqueles traballadores cun salario que fose establecido atendendo a que o seu traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Artigo 16º.-Pagas extraordinarias.

Estableceranse tres pagas extraordinarias de verán, Nadal e beneficios.

O importe das pagas de verán e Nadal serán de 30 días de salario base máis antigüidade.

O importe da paga de beneficios será de 15 días de salario base máis antigüidade.

As pagas de verán e de Nadal percibiranse anualmente a pro rata do tempo traballado e aboaranse o 15 xullo e o 20 de decembro, respectivamente.

A paga de beneficios devengarase do 1 de xaneiro ó 31 de decembro e aboarase o día 15 de marzo do ano seguinte ó seu devengo.

Artigo 17º.-Festivos traballados.

Cando un traballador/a teña que traballar un domingo ou un festivo, estes serán aboados na contía de 48 euros para tódalas categorías.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

Os/as traballadores/as que por razóns de prestación de servicio sexan desprazados a lugares de traballo sitos fóra do municipio da súa residencia e que non teñan a condición de traslado do artigo 40 do Estatuto dos traballadores, terán dereito á indemnización polos gastos orixinados, que recibirán o nome de axudas de custo; a empresa aboará os gastos ocasionados logo da súa xustificación.

Artigo 19º.-Incrementos salariais.

Para o ano 2003 o salario será o reflectido na táboa salarial anexa.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias son aquelas horas ou fraccións que excedan da xornada normal de traballo e teñan un carácter excepcional.

Tenderase a reducir ó mínimo imprescindible as horas extraordinarias que non se deban a imprevistos e teñan un carácter excepcional, e o seu límite será de 80 en cómputo anual.

As horas extras, sempre e cando sexa necesaro realizalas por necesidades de servicio, aboaranse a 9 euros.

A dirección da empresa ou organismo informará mensualmente o delegado de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, as que se van realizar, especificando as causas, distribución, e a relación nominal de quén as realizou.

Artigo 21º.-Anticipos.

O persoal que o solicite terá dereito a percibir un anticipo á conta do traballo realizado durante a mensualidade na que o solicita, por un importe máximo ata un 80% do salario devengado.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada semanal de 40 horas, incluídos 30 minutos para o descanso e a xornada de luns a sábado.

O horario de traballo reflectirase cada ano no calendario laboral.

Nos días 25 de decembro e 1 de xaneiro non se realizará o servicio de recollida de RSU e limpeza viaria e aboaranse como días efectivamente traballados.

Artigo 23º.-Vacacións.

O persoal adscrito a este convenio desfrutará anualmente de 30 días naturais ininterrompidos, se é posible, de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función da data da súa incorporación á empresa, que aproveitará entre os meses de xuño a setembro. O inicio das vacacións terá lugar en día laborable que non sexa sábado, domingo, festivo ou día de descanso.

Na empresa elaboraranse as quendas correspondentes. Para a elección de quenda por parte dos traballadores/as seguirase unha orde rotativa de preferencia, de tal maneira que quen tivo preferencia de elección de quenda o ano anterior, é o último á hora de elixir quenda no ano seguinte. Á hora de establecerse as vacacións deberase garantir que quede o persoal mínimo necesario en cada categoría profesional.

O aboamento delas farase en función do salario base do convenio, antigüidade e complemento de transporte.

Os traballadores/as que con anterioridade ó período de vacacións se atopen en situación de IT, terán dereito ó desfrute delas sempre que causen alta antes de remata-lo ano natural que corre.

Artigo 24º.-Permisos e licenicas.

Logo de solicitude, os traballadores terán dereito a permisos retribuídos nos seguintes supostos:

a) Matrimonio ou unión de feito do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de pais, pais políticos, fillos que convivan co traballador: 1 día natural.

c) Enfermidade grave ou hospitalización por enfermidade ou accidente de familiar de 1º grao: 5 días naturais.

d) Falecemento de familiar de 1º grao: 4 días naturais.

e) Falecemento ou enfermidade grave de familiar 2º grao: 2 días naturais.

f) Familiares de 3º grao: 1 día natural.

g) Nacemento de fillo/a: 3 días naturais.

h) Desfrute necesario para concorrer a exames, cando curse estudios para a obtención dun título académico oficial ou profesional: deberá acreditarse a concorrencia ós ditos exames.

i) Tódolos/as traballadores/as terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan que asistir á consulta do médico de cabeceira. O/a traballador/a que teña que acudir a un consultorio médico estará obrigado a avisar anticipadamente a empresa, a cal porá á disposición do traballador/a

o xustificante correspondente, que lle deberá devolver á empresa unha vez cuberto polo médico correspondente.

Cando o médico de cabeceira que lle corresponda ó traballador/a tivese o seu consultorio en localidade distinta daquela na que prestan os seus servicios os/as traballadores/as, estes disporán do tempo necesario.

Para a asistencia á consulta do especialista, os traballadores disporán do tempo necesario, logo de presentación do volante do médico de cabeceira.

Os procesos de rehabilitación non terán a consideración de consulta médica para efectos do dereito anteriormente regulado.

Así mesmo, terán dereito a 3 horas retribuídas para asistir ó consultorio médico con fillos menores de 14 anos ou parentes minusválidos físicos ou psíquicos calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral sexa coincidente co horario de consulta médica e co horario do seu cónxuxe ou compañeiro ou compañeira; no caso de parentes minusválidos, deberá xustificarse a convivencia.

l) Cambio de domicilio: 1 día natural.

A referencia que nos puntos anteriores se fai ó cónxuxe, entenderase feita, así mesmo, á compañeira/o que de xeito estable e en situación de feito asimilable ó matrimonio, conviva co traballador/a, logo de certificación de convivencia que acredite a dita situación.

Artigo 25º.-Permiso de lactación.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos traballen.

A concreción horaria e a determinación do período de aproveitamento do permiso da lactación e da reducción de xornada corresponderalle ó traballador/a, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador/a deberá avisar previamente o empresario con 15 días de antelación á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 26º.-Garda legal.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desenvolva unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

O mesmo dereito ten quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns

de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e que non desenvolva actividade retribuída.

A reducción de xornada completada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores/as. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Artigo 27º.-Excedencias.

-Excedencia voluntaria: o traballador/a fixo, alomenos cun ano de antigüidade na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un ano nin superior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador se transcorresen dous anos desde o remate da anterior excedencia.

-Por coidado de fillos/as: os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a, contado desde a data de nacemento ou adopción deste se é menor de 6 anos.

A necesidade de atender un novo fillo/a dá dereito a un novo período de excedencia; o inicio desta pon fin á que viñese gozando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito no caso de que traballen na mesma empresa.

Durante o primeiro ano terán dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

-Por coidado de familiares: pódese solicitar excedencia para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e sempre que non desenvolva actividade retribuída. A súa duración non pode ser superior a un ano.

Durante o período de excedencia, o traballador non poderá presta-los seus servicios noutra empresa que estea dedicada á mesma actividade. Se así o fixese, perderá automaticamente o dereito de reingreso.

Artigo 28º.-Licencias non retribuídas.

Durante o ano, e solicitándoo coa debida antelación, o traballador terá dereito a dispoñer de 1 a 5 días de licencia non retribuída.

Artigo 29º.-Póliza de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo de accidentes de traballo en favor de tódolos/as traballadores/as por un capital de 15.025 euros, reducíndose os capitais asegurados en proporción á xornada realizada.

O dito seguro cubrirá a continxencia de morte, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez derivados de accidentes de traballo, incluído o in itinere.

Artigo 30º.-Incapacidade temporal.

No caso de IT derivada de accidente laboral, tanto o acaecido no centro de traballo como o accidente in itinere, a empresa estará obrigada a completa-la prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario base do convenio máis a antigüidade máis o complemento de penosidade, desde o primeiro día da baixa.

No caso de enfermidade común, a empresa aboará o 100% do salario base, antigüidade e o complemento de penosidade desde o primeiro día na primeira baixa do ano; a partir da segunda baixa no mesmo ano aboarase o 100% dos conceptos de salario base, antigüidade e complemento penoso a partir do 4º día da baixa.

Artigo 31º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará a seguinte roupa de traballo:

1. Conductores.

* Roupa de inverno:

-2 pantalóns

-2 camisas manga longa.

-1 par de botas seguridade.

-1 par de botas de auga.

-1 roupa de augas.

-1 cazadora.

-1 gorra.

-1 anorak cada dous anos.

* Roupa de verán:

-2 pantalóns.

-2 camisetas manga curta.

-1 par de botas de seguridade.

-1 cazadora.

2. peóns.

* Roupa de inverno:

-2 pantalóns.

-2 camisas manga longa.

-1 par de botas seguridade.

-1 par de botas de auga.

-1 gorra.

-1 cazadora de la.

-1 anorak cada dous anos.

* Roupa de verán:

-2 pantalóns.

-2 camisetas manga curta.

-1 par de botas seguridade.

-1 cazadora.

Entregaranse luvas cando sexa necesario.

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio. A roupa de inverno entregarase do 1 ó 30 de setembro.

Tódolos traballadores/as están obrigados a devolve-la roupa unha vez que remate a súa relación coa empresa.

Cando sexa necesario cambia-la roupa por outra nova, por quedar inservible ou romper, o traballador deberá entregar previamente a deteriorada.

Artigo 32º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un traballador coa categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo de empresa e cumprindo coa función que lle foi encomendada, lle fose retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa asignarao a outro posto de traballo axeitado ás súas facultades, polo tempo que dure a dita suspensión, e percibirá o salario correspondente á categoría profesional do novo posto asignado.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir sexa debido a imprudencia temeraria, embriaguez, drogadicción, ou cando exista reincidencia.

Artigo 33º.-Regulación das multas de tráfico.

No suposto de que a empresa sexa sancionada cunha multa de tráfico debido a infracción, por algún dos traballadores/as, ás normas de circulación, a dita sanción será aboada polo operario infractor.

Capítulo IV

Seguridade e hixiene

Artigo 34º.-Seguridade e saúde.

Dada a importancia que lle recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo dedicado á hixiene e seguridade no traballo. E considerando de obrigada aplicación, ámbalas dúas partes, a lexislación sobre seguridade e hixiene, para tal efecto organizarase un comité de seguridade e saúde co obxecto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como a posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 35º.-Recoñecementos médicos e vacinación.

Anualmente faráselles a tódolos traballadores/as un recoñecemento médico de carácter voluntario. Realizaranse probas médicas específicas e necesarias segundo o posto de traballo que desenvolva cada traballador/a.

Os resultados do recoñecemento médico entregaránselle ó traballador.

No caso de que fose necesario, os traballadores/as serán sometidos a campañas de vacinación contra o tétano e a hepatite B.

Artigo 36º.-Cambio de postos de traballo por embarazo.

Suspensión con reserva do posto de traballo.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, que se desfrutarán de maneira interrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo/a a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase á opción da interesada sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ó parto, de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ben sucesiva ó da nai, salvo que no momento da súa efectividade na incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata 6 anos, a suspensión terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do traballador/a, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de 16 semanas nos supostos de adopción e acollemento de menores maiores de 6 anos de idade cando se trata de menores disciplinados ou minusválidos ou que, polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. No caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase á opción dos interesados, que poderán gozalos de xeito simultáneo ou

sucesivo, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma deles non poderá exceder das 16 semanas previstas nos puntos anteriores ou das que correspondan no caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refire este artigo poderanse desfrutar en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os traballadores/as afectados/as, nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión previsto para cada caso neste artigo poderase iniciar ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

Protección á maternidade

1. A avaliación dos riscos a que se refire o artigo 16 da lei deberá comprende-la determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico. Se os resultados da avaliación revelasen un risco para a seguridade e a saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición ó dito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada. As ditas medidas incluirán, cando resulte necesario, a non realización de traballo nocturno ou de traballo a quendas.

2. Cando a adaptación das condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, malia tal adaptación, as condicións dun posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, e así o certifiquen os servicios médicos do Instituto Nacional da Seguridade Social ou das mutuas, co informe do médico do Servicio Nacional da Saúde que asista facultativamente a traballadora, esta deberá desenvolver un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado. O empresario deberá determinar, logo de consulta cos representantes dos traballadores, a relación dos postos de traballo exentos de riscos para estes efectos.

O cambio de posto ou función levarase a cabo de conformidade cos regulamentos e criterios que se apliquen nos supostos de mobilidade funcional, e terá efectos ata o momento no que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ó anterior posto.

No suposto de que, mesmo aplicando as regras sinaladas no parágrafo anterior, non existise posto de traballo ou función compatible, a traballadora poderá ser destinada a un posto non correspondente ó seu grupo ou categoría equivalente, aínda que conservará o dereito ó conxunto de retribucións do seu posto de orixe.

3. Se o dito cambio de posto non resultase técnica ou obxectivamente posible, ou non se poida razoablemente esixir por motivos xustificados, poderase declara-lo paso da traballadora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo, recollida no artigo 45.1º d) do Estatuto dos traballadores, durante o período necesario para a protección da súa seguridade ou da súa saúde e mentres persista a imposibilidade de se reincorporar

ó seu posto anterior ou a outro posto compatible co seu estado.

4. O disposto nos números 1 e 2 deste artigo será tamén de aplicación durante o período de lactación, se as condicións de traballo puidesen influír negativamente na saúde da muller ou do fillo/a e así o certifique o médico que, no réxime da Seguridade Social aplicable, asista facultativamente a traballadora.

5. As traballadoras embarazadas terán dereito a se ausentaren do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Situación protexida

Para os efectos da prestación económica por risco durante o embarazo, as mulleres embarazadas terán dereito a que se lles cambie de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, e non estarán obrigadas en ningún caso a desempeña-las súas funcións en lugares radioactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración máxima de dezaseis semanas, remitíndonos ó Decreto lei do 3 de marzo de 1989. Durante o período citado a traballadora terá dereito ó aboamento das prestacións económicas correspondentes, con cargo á Seguridade Social e complementada ata o 100% do salario como para o caso de baixas por enfermidade ou accidente.

Artigo 37º.-Altas e baixas na empresa.

Facilitaránselle ó delegado de persoal:

a) Os modelos de contrato de traballo que se utilizan na empresa.

b) A copia básica dos contratos que se formalicen por escrito.

c) Información sobre os contratos temporais e prórrogas cando non exista obriga legal de entregar copia básica deles.

O traballador que desexe cesar na empresa deberá comunicalo cunha antelación mínima de 15 días e por escrito.

Capítulo VI

Subrogación do persoal

Artigo 38º.-Subrogación do persoal.

Punto 1. Subrogación do persoal.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción de persoal entre quen se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, na realización do servicio de limpeza e recollida de residuos sólidos do concello de Gondomar, levarase a cabo nos termos indicados neste punto e os seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade, neste caso o servicio de limpeza e recollida de residuos do concello de Gondomar, que pasa a ser desenvolvida por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En tódolos supostos de remate, perda, rescisión, cesión ou rescate da contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade xa descrita anteriormente, os traballadores da empresa saínte pasarán a se adscribir á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigas que gozasen na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación do persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores/as en activo que presten os seus servicios cunha contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores ó remate efectivo desta pola empresa saínte, sexa cal sexa a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que con anterioridade ó citado período de catro meses, traballasen noutra contrata.

2. Traballadores/as con dereito a reserva do posto de traballo, que no momento do remate efectivo da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores/as que, con contrato de interinidade, substitúan algún dos traballadores nomeados no punto nº 2, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporasen á contrata de servicios públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores ó remate dela.

5. Traballadores/as que substitúan a outros que se xubilen, tendo cumpridos sesenta e catro anos, dentro dos catro últimos meses anteriores ó remate efectivo da contrata e que teñan unha antigüidade mínima nela de catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada no convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

B) Tódolos supostos anteriormente recollidos deberán ser acreditados verídica e documentalmente pola empresa saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan no punto 5 deste artigo e no prazo de dez días hábiles contados desde o momento no que ben a empresa entrante ben a saínte lle comunique verazmente á outra empresa o cambio de adxudicación de servicio.

C) Os traballadores/as que non gozasen as vacacións regulamentarias ó se produci-la subrogación, desfrutaranas coa nova adxudicataria do servicio,

que só aboará a parte proporcional do período que a ela lle corresponda, xa que o aboamento do outro período lle corresponde ó anterior adxudicatario, que deberá efectua-la correspondente liquidación.

D) A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes ás que vincula: empresarios ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria e traballador/a.

Punto 2. División de contratas.

No suposto de que unha ou varias contratas nas que a actividade veña sendo desenvolvida por unha ou distintas empresas ou entidades públicas se fragmente ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios co obxecto de posterior adxudicación, pasarán a estar adscritos ó novo titular aqueles traballadores/as que realizasen o seu traballo na empresa saínte nas concretas partes, zonas ou servicios resultantes da división producida, cun período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal for a modalidade de contrato de traballo, todo iso mesmo que con anterioridade traballasen noutras zonas ou servicios distintos.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores/as que se atopen nos supostos 2 ó 5, ámbolos dous inclusive, do punto 1 deste artigo e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios resultantes.

Punto 3. Agrupación de contratas.

No caso de que distintas contratas, servicios, zonas ou divisións daquelas se agrupen nunha ou varias, a subrogación do persoal operará respecto de todos aqueles traballadores/as que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, realizasen o seu traballo nas que resulten agrupadas, cun tempo mínimo dos catro meses anteriores, e todo iso mesmo cando con anterioridade prestasen servicios en distintas contratas, zonas ou servicios.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores/as que se atopen nos supostos 2 ó 5, ámbolos dous inclusive, do punto 1 deste artigo e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios agrupados.

Punto 4. Obrigatoriedade.

A subrogación do persoal, así como os documentos que se facilitarán, operarán en tódolos supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmentación ou división delas, así como nas agrupacións que daquelas se poidan efectuar, mesmo tratándose das normais substitucións que se produzan entre empresas e entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e iso mesmo cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servicio por un lado e a empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación do persoal nos termos indicados, todo iso con independencia tanto de aplicación, se é o caso, do previsto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, como da existencia por parte do empresario saínte doutras contratas alleas ás que son obxecto de sucesión.

Punto 5. Documentos que a empresa saínte lle deberá faciliar á empresa entrante:

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente no pagamento á Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data do desfrute das súas vacacións.

-Se o traballador/a é representante legal dos traballadores, especificarase o seu período de mandato.

-Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador/a afectado, nos que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, e que non queda pendente ningunha cantidade. Estes documentos deberán estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio da nova titular.

Táboa salarial ano 2003

CategoríaSalario base

mensual

Complemento

tóxico/penoso

Complemento

transporte

Conplemento

pto. traballo

Encargado780,00 euros156,00 euros75,20 euros56,83 euros

Conductor648,00 euros129,60 euros75,20 euros

Peón550,00 euros110,00 euros75,20 euros

x 14,5 pagasx 11 pagasx 12 pagasx 12 pagas