Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de agosto de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento ó debedor en réxime de compravenda, Antonio Jesús Rodríguez Rajoy, P-219/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e tendo en conta o disposto no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, intentada a notificación persoal, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido (identificado por núm. de expediente e conta) que a seguir se relaciona, o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento por falta de pagamento do prezo da vivenda de promoción pública que lle fora adxudicada.

Tal feito constitúe causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

Tendo en conta o disposto nos artigos 30 do Decreto 2114/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, 138 a 144 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, e 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, no artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial e no artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e demais normas de xeral e pertinente aplicación,

ACÓRDASE:

Inicia-lo procedemento de resolución do contrato de compravenda da vivenda de promoción pública que se relaciona no anexo.

Fronte a este acordo, que non é susceptible de recurso, os interesados poderán presentar alegacións e os documentos que consideren convenientes, nun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta cédula.

Pontevedra, 11 de agosto de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/010 (expte. desaf. P-219/2002).

Cta.: 15.

Nome: Antonio Jesús Rodríguez Rajoy.

Último domicilio coñecido: r/ Celso Emilio Ferreiro, nº 11, 3º C, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.