Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de agosto de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificacion de requirimento de pagamento ó debedor en réxime de aluguer, P-121/2002, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes, e que ascenden á cantidade que se sinala, devolto polo servicio de correos, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola antedita Lei 4/1999, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estime convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pon: tevedra o 14 de agosto de 2003.

Federico del Campo Navarro

Xefe accidental da área provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-81080 (expte. desaf. P:121/02).

Cta.: 80.

Nome: Manuel Simón Paz.

Enderezo: r/ Luxemburgo, nº 8, 4º D, Monteporreiro (Pontevedra).

Impago débeda: 6.991,82 A.