Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de agosto de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor en réxime de aluguer, P-176/2002, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relaciona o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola antedita Lei 4/1999, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro

beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 11 de agosto de 2003.

Pontevedra, 11 de agosto de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-82/080 (expte. desaf. P-176/2002).

Cta.: 49.

Nome: Encarnación Rial Piñeiro.

Enderezo: r/ Alemania, 59, F-1, 1º C, Monteporreiro (Pontevedra).

Débeda: 10.470,88 A.