Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador en materia de xogo SA-11-00.

En virtude do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador que se cita a continuación:

Expediente: SA-11-00.

Empresa operadora/titular: Ricardo Rubén Pérez Gómez.

Enderezo: rúa da Igrexa, nº 176, 6º, Ferrol (A Coruña).

CIF/NIF: 32649006-T.

Data de resolución do recurso: 19-6-2003.

Tipificación: moi grave.

Importe: 12.020,24 A.

C/c a ingresar: 390049, Caixanova ou Caixa Galicia.

Precepto infrinxido: artigo 28.a) da Lei 14/1985.

Resolución: desestimatoria confirmando a sanción anteriormente imposta.

Contra o devandito acordo, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto nos artigos 8.2º e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O devandito acordo, por esgota-la vía administrativa, é inmediatamente executivo, polo que deberá aboa-lo importe da multa por transferencia bancaria, mediante o impreso normalizado á súa disposición na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local na Coruña (r/ Fernando Macías nº 18, 1º), no período que nel se sinala, de acordo coa orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro). Transcorrido o referido período sen ter efectuado o pagamento, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento, con suxeición ó disposto no Regula

mento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 1648/1990, do 20 de decembro.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil