Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 340/02 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de xuño de 2003, o secretario xeral da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador nº 340/02 PRO, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Juan Carlos Romasanta Pampín.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Juan Carlos Romasanta Pampín o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento da mesma.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se for o caso, copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia Cta. Contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 4 de agosto de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente 340/02 PRO.

Denunciado: Juan Carlos Romasanta Pampín.

DNI/NIF: X0884778-Z.

Último enderezo coñecido: Chaburra, nº 30-1º. Sada.

Feito imputado: venda de alcohol a menores de idade.

Precepto/s infrinxido/s: art. 35 B 1 da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade e art. 13.1º da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia, sobre drogas.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: tres mil cinco euros con sete céntimos.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL