Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 1 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 69/03 DEP, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 3 de xuño de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 69/03 DEP incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Mariscos Rebeca y Vanessa, S.L., así como o mantemento da suspensión cautelar da actividade de depuración e expedición de moluscos bivalvos vivos da dita empresa.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase ó/á director/a xerente de Mariscos Rebeca y Vanessa, S.L., o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o/a asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita en Pontevedra, avda. de Vigo, núm. 16, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 1 de agosto de 2003.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: 69/03 DEP.

Denunciado: Mariscos Rebeca y Vanessa, S.L., con CIF núm. B 36199941.

Último enderezo coñecido: peirao de Aldán, s/n, 36940 Cangas (Pontevedra).

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria na producción e comercialización de moluscos vivalvos vivos.

Preceptos presuntamente infrinxidos:-Artigo 2.2º 3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 5, artigo 6 pto. 1º e anexo, capítulo IV.I, pto. 1º a), b), d), pto. 4º, II, pto 3º, III, pto. 1º, pto. 12º, IV, pto 1º, pto. 4º do Real decreto 571/1999, do 9 de abril, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria que fixa as normas aplicables á producción e comercialización de moluscos bivalvos vivos.-Artigo 4 pto. 1º, pto. 2º, artigo 5, artigo 7 do Decreto 399/1996, do 31 de outubro, polo que se regulan os programas de control sanitario de moluscos bivalvos vivos.-Artigo 3 do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Tipificación: artigo 25, 26, 31 e 35 B), 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.

Sanción proposta: entre tres mil cinco euros e sete céntimos e quince mil vintecinco euros e trinta céntimos.