Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se revoga a autorización administrativa para o exercicio da actividade de corredor de seguros a Enrique Vilela García.

No procedemento de revogación da autorización administrativa para o exercicio da actividade de corredor de seguros, incoado por esta dirección xeral e publicado no DOG nº 87 do 7-5-2003 e nº 138 do 17 de xullo, Enrique Vilela García non acreditou documentalmente a contratación do seguro de responsabilidade civil obrigatorio, requisito necesario para que un corredor de seguros obteña e conserve a autorización administrativa para realiza-la actividade de corredor de seguros, de conformidade co artigo 6 do Decreto 118/2001.

En aplicación do disposto no artigo 9.1º do Decreto 118/2001, do 10 de maio, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma en materia

de mediación en seguros privados, esta dirección xeral resolveu o seguinte:

Primeiro.-Revoga-la autorización para exerce-la actividade de corredor de seguros a Enrique Vilela García, DNI 32606704-H, con último domicilio coñecido en Ferrol, r/ María, 27-entresollado, e inscrito coa clave GF-017 no Rexistro de Corredores de Seguros, de Sociedades de Corredoría de Seguros e dos seus Altos Cargos.

Segundo.-Inscribi-la revogación da autorización e por conseguinte dar de baixa no Rexistro de Corredores de Seguros, de Sociedades de Corredoría de Seguros e dos seus Altos Cargos, adscrito a esta dirección xeral, a Enrique Vilela García, conforme o disposto no artigo 6 da Orde do 18 de xullo de 2000, pola que se crea o citado rexistro.

Terceiro.-Publicar no Diario Oficial de Galicia a revogación da autorización, de acordo co esixido polo artigo 9.2º do citado Decreto 118/2001.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 107, 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que o interesado considere oportuno.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2003.

José Álvarez Cobelas

Director xeral de Política Financeira e Tesouro