Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (1172/2002).

Miguel Sotorrio Sotorrio, secretario xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber:

Que no procedemento demanda 1172/2002, deste xulgado do social, seguidos por instancia de Guillermo Quevedo Mendoza contra a empresa Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., ADT España Servicios de Seguridad, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre despido, dictouse a seguinte sentencia:

«Que se ten por desistido o demandante da demanda formulada contra a empresa ADT España Servicios de Seguridad, S.L., e que estimando a demanda interposta por Guillermo Quevedo Mendoza, contra Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L. y Fogasa, para os meros efectos de posible insolvencia empresarial, sobre despedimento e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento do demandante con efectos desde o 25 de outubro de 2002, condenando as empresas demandadas a estar e pasar con esta declaración e, pola súa opción, notificada ó xulgado, por escrito ou comparecencia, no prazo de cinco días desde a notificación da presente resolución,

á readmisión do traballador nas mesmas circunstancias que rexían con anterioridade ó despedimento, co aboamento de salarios deixados de percibir ata a readmisión ou o aboamento de 613,28 euros en concepto de indemnización, con carácter solidario.

Notifíquese esta sentencia ás partes, prevíndoas do seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, dentro do prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, debendo desposita-lo importe total de condena na conta deste xulgado aberta en Banesto número 38550000651172/02, máis outros 150,25 euros, na mesma conta e en ingreso separado.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no BOP.

En Santander, doce de agosto de dous mil tres.

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado