Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (164/2003).

Eu, Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 164/2003 se dictou a seguinte cédula de citación:

«O xuízo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordouno citar a

vostede para que o vindeiro día dezaoito de novembro ás dez quince horas asista na sala de vistas á celebración de xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de lesións, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que tente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

É apercibido de que de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impoñer unha multa, recaendo sobre del o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e lle sirva de citación a José Carlos Monroy Monroy, actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto en Betanzos o seis de agosto de dous mil tres.

O secretario

Rubricado