Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.657

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de xullo de 2003 pola que se regula a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto.

Advertidos erros na Orde do 23 de xullo de 2003, da Consellería de Innovación Industria e Comercio, pola que se regula a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 152, do 7 de agosto de 2003, cómpre realiza-las seguintes correccións:

-No artigo 3º.-Documentación e posta en servicio das instalacións, onde di: «a memoria técnica de deseño (MTD) á que fai referencia a ITC-BT-04 redactarase conforme o modelo que se inclúe como anexo I desta orde».

Debe dicir:

«Antes da posta en servicio das instalacións, e con obxecto de rexistralas, o instalador autorizado deberá presentar ante a correspondente delegación provincial a documentación á que fai referencia o artigo 18.1º e) do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, acompañada dun escrito de presentación segundo o modelo que se inclúe como anexo I-a) desta orde.

A memoria de deseño (MTD) á que fai referencia a ITC-BT-04 redactarase, se é o caso, conforme o modelo que se inclúe como anexo I-b) desta orde.

2. Na disposición transitoria única punto a), onde di: «Instalacións que requiren proxecto: que dispoña de proxecto eléctrico ou de execución básica visado polo colexio profesional correspondente, con data anterior á de comezo do período transitorio».

Debe dicir: «Instalacións que requiren proxecto: que dispoña de proxecto eléctrico de execución visado polo colexio profesional correspondente con data anterior á de comezo do período transitorio».

3. En lugar dos impresos que figuran como anexo I, deben figura-los impresos publicados a continuación como anexo I-a) e anexo I-b).