Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira Mondoñedo, fracción segunda, número 5530.2, situada no concello da Pastoriza.

Mediante Decreto 294/2003, do 12 de xuño, declarouse, segundo o artigo 105 da Lei de minas e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa de 1954, a urxente ocupación dos predios que é necesario expropiar para dar continuidade ó laboreo da concesión mineira Mondoñedo fracción segunda 5530.2, no concello da Pastoriza.

Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar, o día 30 de setembro de 2003, no concello da Pastoriza, a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou

a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo a presente resolución e tamén no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 17 de marzo, no BOP de Lugo do 12 de febreiro e no xornal El Progreso do 4 de febreiro de 2003, para que comparezan no concello da Pastoriza, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos.

Desta convocatoria darase traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas; así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza, estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidera practicar e así entende-la dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 2 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios: bens e dereitos afectados

pola concesión da explotación denominada Mondoñedo, fracción segunda, nº 5530.2 T.M. A Pastoriza, Lugo

Predio

Titular catastral

Domicilio

Datos catastrais

Sitio

Cultivo

Superf.

(H.A.)

Superf.

para

Titular

aparente

Bens e

dereitos

Tipo

afección

Políg.Parc.expropiar

(H.A.)

enderezo

concello

afectados

1Veciños de Xemil en Man ComúnÚbeda

(San Xoán)

A Pastoriza (Lugo)

352LouxeirasMatorral111.937613.8424José Pacio Iglesias Pdte. Comunidade de Montes de Xemil

Xemil-parroquia

Couto das Louxeiras (Lg. Xemil) T.M. A Pastoriza (Lugo)Pleno dominio

2Veciños de Xemil en Man ComúnÚbeda

(San Xoán) A Pastoriza (Lugo)

380LouxeirasMatorral91.011216.3905Bretoña-A Pastoriza (Lugo)Couto das Louxeiras (Lg. Xemil) T.M. A Pastoriza (Lugo)Pleno dominio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL