Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Armesto.
Situación: Becerreá.
Descricións técnicas:
-L.M.T. a 20 kV, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. de Vilouta e final no C.T. de Armesto, cunha lonxitude de 201 m e conductor tipo LA-56.
-C.T. intemperie cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.
-R.B.T. cunha lonxitude de 1.270 m con orixe no C.T. de Armesto, conductor R.Z., cun total de 22 apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 30 de xullo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo