De conformidade co disposto polo artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persona que no anexo se menciona a resolución de imposición de multa coercitiva, como consecuencia de incumpri-lo ordenado na Resolución do 5 de xuño de 2002, do expediente de reposición da legalidade urbanística, que declaraba ilegalizables as obras de construcción de peche de predio e construcción de dúas edificacións unha dedicada a vivenda e outra a almacén no lugar dos Vilares, termo municipal de Santiago de Compostela e ordenala demolición das obras por conta do interesado e a reposición dos bens afectados ó estado anterior ó inicio das obras, requiríndoo novamente para que proceda a cumpri-la orde de demolición no prazo dun mes, apercibíndoo de que en caso de incumprimento no novo prazo concedido, se procederá á súa execución forzosa mediante a imposición de novas multas coercitivas ou, se é o
caso, mediante a súa execución subsidiaria.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto polo artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procede, deberá aboa-la multa imposta no prazo establecido polo artigo 20 do Regulamento de recadación, mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega nunha das seguintes contas:
-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.
-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.
De non facerse efectivo o importe da multa no prazo sinalado procederase pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.
Martín Fernández Prado
Director xeral de Urbanismo
ANEXO
Expediente: 107 B-2002/16-0.
Interesado: José Luis Iglesias Liméns.
Ultimo enderezo coñecido: Fonte de Lesmo, 8, Santiago de Compostela.
Precepto aplicable: artigo 175.5º en relación co 180 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e artigo 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Importe da multa: 600 euros.