Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto polo artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persona que no anexo se menciona a proposta de resolución do procedemento sancionador por presunta infracción á Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

De acordo co disposto polo artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícolle a citada proposta de resolución, poñendo no seu coñecemento que dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente, formular alegacións e presenta-los documentos ou informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo, sitas en San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Logo de transcorrido o expresado prazo, a proposta de resolución elevarase xunto con tódolos documentos que constan no expediente ó director xeral de Urbanismo para a súa resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.

Pilar Díaz Herrera

Instructora

ANEXO

-Expediente: 107C-2002/45-0 (sancionador).

Denunciado: Jaime Casais Pequeno.

Condición: presunto responsable na condición de técnico director das obras.

Último enderezo coñecido: r/ Real 65, 2º- A Coruña.

Feitos: obras de construcción dunha edificación sen licencia municipal en solo rústico protexido.

Lugar: Cotro-Buría.

Concello: Camariñas (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 182.2º Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 70.2º do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Precepto sancionador: artigo 185.1º c) Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 82 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Sanción proposta: 36.060,73 euros.