Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de alargamento e acondicionamento do acceso oeste ó Grove, treito: San Vicente do Mar-A Lanzada, clave: N/PO/95.6., termo municipal do Grove.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia

da Comunidad Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta reolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 27 de novembro de 2002, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras: alargamento e acondicionamento do acceso oeste ó Grove, treito: San Vicente do Mar-A Lanzada, Clave: N/PO/95.6., termo municipal do Grove, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 4 de xuño de 2003 a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 279/2003, publicado no DOG nº 115, do 16 de xuño de 2003.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa da Cultura do Concello do Grove.

Día: 6 de outubro de 2003.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

De: predio nº 001 a predio nº 055.

Día: 7 de outubro de 2003.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

De: predio nº 056 a predio nº 110.

Día: 8 de outubro de 2003.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

De: predio nº 111 ó último predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas no concello do Grove, e no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36.001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo achegarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación

forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 2 de setembro de 2003.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra