Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.599

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de interpretación dos artigos 12 e 27 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente do acordo de interpretación dos artigos 12 e 27 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-6-2003, subscrito pola comisión paritaria de interpretación do devandito convenio o día 11-6-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballa

dores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio

colectivo de limpeza de edificios e locais

da provincia da Coruña

Na Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios, sendo as 11.00 horas do día 11 de xuño de 2003, reúnense en representación da parte empresarial, Jesús Gómez Vázquez e Arsenio Mezquiriz Andrade, da Asociación Provincial de Empresas de Limpeza, e Ubaldo Pérez Rodríguez e J. Félix Valderrey de la Huerga, de Aspel e, en representación da parte social, Luis Soto Sabio (CIG), Alfredo Santomil García (CIG), Arturo Ponte García (UGT) e Luis Sánchez González (CC.OO.), todos eles como membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña para as empresas de limpeza de edificios e locais, regulada no artigo 6 do citado convenio.

O obxectivo desta xunta é o de proceder a aclarar/interpreta-lo contido dos artigos 12 e 27 do convenio colectivo en vigor, solicitada pola representación da Confederación Intersindical Galega.

Esta comisión paritaria acorda por unanimidade dos presentes aclarar/interpreta-los citados artigos, do seguinte xeito:

En relación co establecido no artigo 27 e respecto a aqueles traballadores/as que esporadicamente realicen traballo en tempo nocturno, a contía do complemento de nocturnidade por hora realizada que se aboe calcularase do seguinte xeito:

O importe do complemento de nocturnidade mensual (30% do salario base mensual) dividirase por trinta e o resultado dividirase por 6,5.

En relación co establecido no artigo 12, e respecto ós traballadores/as ós que se fai referencia no punto anterior, o complemento de nocturnidade que se per

cibirá será o 50% da media do percibido nos últimos 12 meses naturais anteriores ó inicio do período vacacional.

Así mesmo, acórdase facultar a Luis Soto Sabio para que realice as xestións oportunas diante da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o rexistro e publicación desta acta.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión, sendo as 12.30 horas do día do encabezamento, asinando tódolos presentes en proba de acordo e conformidade.