Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de setembro de 2003 pola que se modifica a autorización do centro privado Liceo La Paz da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Liceo La Paz da Coruña, no que solicita a modificación da autorización recollida na Orde do 9 de setembro de 2002 (DOG do 20) e corrección de erros (DOG do 20 de novembro).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro (BOE do 24), de calidade da educación; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos dos centros; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Modifica-la autorización do centro privado Liceo La Paz da Coruña, do que a súa composición resultante se especifica no anexo desta orde, do seguinte xeito:

1º Ampliar 1 unidade do segundo ciclo de educación infantil.

2º O ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade) e o ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade), que tiña autorizados en réxime ordinario en quenda de tarde-noite, pasan a ser en réxime de adultos na mencionada quenda.

3º As 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e de tecnoloxía, que tiña autorizadas en réxime ordinario en quenda de tarde-noite, pasan a ser en réxime de adultos na dita quenda.

4º Autorizar 4 unidades de educación secundaria obrigatoria en réxime de adultos en quenda de tarde-noite.

5º Suprimi-lo ciclo formativo de grao superior de próteses dentais da familia profesional de sanidade.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Enderezo: As Cernadas, 20, polígono de Mato Grande.

Código do centro: 15004265.

Denominación: Centro Privado Liceo La Paz.

Titular: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 15 unidades.

b) Centro de educación primaria: 30 unidades.

c) Centro de educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

d) Centro de bacharelato: 8 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e de tecnoloxía.

e) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: actividades físicas e deportivas.-1 ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Familia profesional: hostalería e turismo.-1 ciclo formativo de grao medio de servicios de restaurante e bar (1 unidade para 30 postos escolares).

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Familia profesional: sanidade.-1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao medio de farmacia (1 unidade para 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria (1 unidade para 20 postos escolares).

f) Centro de persoas adultas en quenda de tarde-noite: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria, 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e de tecnoloxía, 2 unidades para 30 postos escolares/unidade do ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos e 2 unidades para 30 postos escolares/unidade do ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas.