Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a contratación do mantemento de zonas verdes do termo municipal de Culleredo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: a contratación da concesión do servicio público de mantemento de zonas verdes do termo municipal de Culleredo, incluíndo as zonas axardinadas dos colexios públicos e o mantemento dos elementos urbanos que se atopen nestas zonas.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 10 anos prorrogables ata un máximo de 15.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: o prezo anual inicial do contrato fíxase nun máximo de 3,10 euros/m. Neste prezo estarán incluídos todo tipo de tributos e gastos, o que supón inicialmente un orzamento total de 882.628,90 euros/ano.

7. Fianza provisional: 17.652,58 euros.

8. Fianza definitiva: 90.151,82 euros.

9. Clasificación: non se esixe.

10. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío, Culleredo.

b) Código postal e localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

c) Teléfono: 981 67 77 77.

d) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite de obtención documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

11. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

12. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

13. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, sábados de 9.00 a 13.00 horas.

14. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12.00 horas. Se fose festivo trasladarse ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

15. Gastos de anuncios de licitación: aproximadamente 600,00 euros.

Culleredo, 1 de setembro de 2003.

Isabel González Allegue

Tenente de alcalde de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación