Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de agosto de 2003, aprobou con carácter inicial o plan de sectorización dentro da área 8 de SUNP de uso global industrial promovido por propietarios do ámbito e redactado polo enxeñeiro industrial David Martínez Rodríguez (director do proxecto), de data xullo de 2003, polo que se adapta á Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia o plan parcial en tramitación para o mesmo sector ó que substitúe.

Durante o prazo dun mes contado desde a última das publicacións deste anuncio (DOG e xornais) poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais da área de urbanismo e formularse as alegacións que se coiden pertinentes.

Culleredo, 25 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 18-6-2003, BOP do 19 de xullo)

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo