Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a contratación da prestación de servicios de dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das obras de construcción da Casa do Concello de Culleredo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: prestación de servicios consistentes na dirección facultativa superior, a dirección de execución material e a coordinación de seguridade e saúde das obras de construcción da Casa do Concello de Culleredo (A Coruña).

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: axustarase ó prazo de execución da obra, non podendo exceder, en calquera caso, de dezasete (17) meses, máis vintecatro (24) meses correspondentes ó período de garantía da obra, podendo prorrogarse por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 90.000 euros, IVE incluído.

7. Fianza provisional: 1.800 euros.

8. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío, Culleredo.

b) Código postal e localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos de información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, sábados de 9.00 a 13.00 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o primeiro xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12.00 horas. Se fose festivo trasladarse ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios de licitación: aproximadamente 600 euros.

Culleredo, 3 de setembro de 2003.

Isabel González Allegue

Tenente de alcalde de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación