Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do 13 de agosto de 2003 publícaronse íntegras as bases para prove-los postos de traballo vacantes no cadro de persoal desta deputación provincial e no cadro laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público de 2003 (corrección de erros no BOP do 29 de agosto).

As prazas que se convocan son as seguintes:

A) Cadro de persoal:

Unha (1) praza de administrativo de Administración xeral, grupo C, nivel 19. Concurso-oposición por promoción interna para auxiliares de Administración xeral coa titulación esixida para o grupo C ou coa titulación do grupo D, pero cunha antigüidade de 10 anos na escala ou 5 anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións e técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo impartidos por esta deputación, conforme co disposto no artigo 61 da Lei 42/1994.

Unha (1) praza de técnico de Administración xeral, grupo A, nivel 26, escala de Administración xeral, subescala técnica. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

Unha (1) praza de peón laborante, grupo E, nivel 14, escala de: Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de persoal de oficios. Concurso-oposición por promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

B) Cadro laboral:

Dúas (2) prazas de oficial Pazo dos Deportes, asimiladas ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

Unha (1) praza de conductor da explotación de Vilamarín, asimilada ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente e permiso de circulación clase C e D.

Unha (1) praza de oficial da Escola de Danza, asimilada ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

Unha (1) praza de oficial maquinista, asimilada ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

Unha (1) praza de oficial administrativo, asimilada ó grupo C, nivel 19. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Bacharelato ou equivalente.

Tres (3) prazas de auxiliar de oficina, asimiladas ó grupo D, nivel 16. Unha (1) praza por concurso-oposición libre e dúas (2) prazas por concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente.

Unha (1) praza de encargado de novas tecnoloxías informáticas, asimilada ó grupo C, nivel 21. Oposición libre. Técnico especialista en informática de empresa.

Quince (15) prazas de conductor especialista de maquinaria, asimiladas ó grupo D, nivel 16. Seis (6) prazas por oposición libre e nove (9) prazas por concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente e permiso de circulación clase C e D.

Sete (7) prazas de legoeiro, asimiladas ó grupo E, nivel 12. Oposición libre. Certificado de escolaridade.

Unha (1) praza de mecánico, asimilada ó grupo D, nivel 17. Concurso-oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

Sete (7) prazas de capataz de camiños, asimiladas ó grupo D, nivel 17. Concurso-oposición por promoción interna horizontal. Graduado escolar ou equivalente.

Unha (1) praza de pintor, asimilada ó grupo D, nivel 17. Concurso-oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

Unha (1) praza de encargado de fornecementos, asimilada ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente.

Unha (1) praza de operario-báscula, asimilada ó grupo E, nivel 14. Concurso-oposición libre. Certificado de escolaridade.

Unha (1) praza de porteiro-ordenanza, asimilada ó grupo E, nivel 12. Concurso-oposición libre. Certificado de escolaridade.

Dúas (2) prazas de peón agrícola, asimiladas ó grupo E, nivel 12. Concurso-oposición libre. Certificado de escolaridade.

Dúas (2) prazas de oficial técnico en seguridade e saúde, asimiladas ó grupo C, nivel 19. Concurso-oposición por promoción interna vertical coa titulación esixida para o grupo C ou coa titulación do grupo D, pero cunha antigüidade de 10 anos na escala de procedencia, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994. Titulación específica: título de técnico intermedio en prevención de riscos laborais, validado conforme a normativa vixente e expedido por centro homologado (mínimo de 300 horas lectivas).

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ó da publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado. No caso das solicitudes para participar nas probas de promoción interna do persoal laboral, o prazo de presentación será de 20 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio específico da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Nos casos de concurso ou concurso-oposición, á solicitude deben unirse os xustificantes dos méritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntándolle á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A ou asimiladas: 18,03 euros; grupo B ou asimiladas: 13,52 euros; grupo C ou asimiladas: 7,51 euros; grupo D ou asimiladas: 6,01 euros; grupo E ou asimiladas: 4,51 euros.

A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral; rúa Progreso, 32 (Ourense), ou solicitándoo ó telefono 988 38 51 00 ou fax 988 38 51 84.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 1 de setembro de 2003.

O presidente

Rubricado