Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2003 pola que se convoca un concurso con procedemento aberto para a contratación da asistencia á deputación para a posta en marcha do Plan de dinamización turística da Costa da Morte. (Expediente 4511/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da asistencia á deputación para a posta en marcha do Plan de dinamización turística da Costa da Morte.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: o prazo de execución será de dous anos, prorrogables anualmente ata un máximo de dous anos máis.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento máximo do contrato ascente á cantidade de 75.000 A anuais, IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 15 días naturais a contar desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de agosto de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Mª Amparo C. Taboada Gil

Secretaria accidental da Deputación Provincial da Coruña