Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2003 pola que se convoca un concurso con procedemento aberto para a contratación dos cursos de formación sobre o coidado de persoas dependentes para o desenvolvemento da vida diaria. (Expediente 7872/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación dos cursos de formación sobre o coidado de persoas dependentes para o desenvolvemento da vida diaria.

Lugar de execución: provincia da Coruña (ver anexo II do prego).

Prazo de execución: o presente contrato deberá executarse ente os meses de outubro e novembro de 2003.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento total do contrato ascende á cantidade de 654.715,00 IVE incluído, dividido en 15 lotes (o desagregamento especifícase no punto 2.-Prescricións técnicas do prego).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 15 días naturais a contar desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de agosto de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Mª Amparo C. Taboada Gil

Secretaria accidental da Deputación Provincial da Coruña